Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación neste sitio web, en cumprimento do Real Decreto-ley 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
Acepta Máis información

Cómo comprar entradas

O único medio oficial para a dquisición ou reserva anticipada de entradas é a web. Non se permite a realización de compras ou reservas a través de correo electrónico, vostede mesmo pode realizar o proceso de maneira sinxela desde esta web. As entradas ou reservas poden ser adquiridas cun máximo de 90 días de antelación.

Desde a web só se pode pagar con tarxetas VISA ou MASTERCARD.

Emprega a seguinte lista para identificar que tipo de usuario es e segue o enlace correspondente de como comprar.

Visitantes individuais ou grupo de visitantes individuais que compran directamente as súas entradas sen intermediarios e que desexan realizar a visita de maneira libre ou cun guía.

 Como comprar como público xeral...

Axencias de viaxes ou guías oficiais de turismo que xestionan grupos de visitantes e queren realizar compras ou reservas de xeito anticipado.

 Como comprar como axencias e guías turísticos...

Grupos educativos pertencentes a 2º ciclo infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, universitarios, escolas–obradoiros, obradoiros de emprego e casas de oficios.

 Cómo comprar como grupos educativos...

Asociacións culturais, institucións, fundacións e escolas de post-grao de belas artes.

 Como comprar como grupos culturais...

  Comprar como público xeral

Descarga a guía de usuario

¿Qué debo facer?

  • A adquisición de entradas online pode realizarse ata o mesmo día da visita en museos con visita libre e con ata 24 horas de antelación para o resto de museos.
  • Nas despacho de billetes non se pode comprar entradas anticipadas, só para o mesmo día.
  • Os visitantes que cheguen coa súa entrada comprada a través da web terán acceso preferente. A adquisición en despacho de billetes depende da asistencia de visitantes e pode que teña que agardar para acceder ao museo.
  • O número máximo de entradas por compra é de 8 con alomenos unha non gratuíta Información sobre entradas gratuítas. Se precisa adquirir máis de 8 entradas deberá realizar varios procesos de compra (cada un con alomenos unha entrada non gratuíta).
  • A posibilidade de elixir entre realizar unha visita libre ou guiada varía en función do recinto a visitas. Información sobre visitas guiadas.
  • A adquisición como público xeral pode realizarse con ou sen rexistro de usuario. Con todo, recomendamos que se rexistre ou permita a creación dun usuario durante o proceso de compra, xa que esto lle permitirá acceder ás súas entradas en caso de perda ou solicitar facturas. Información sobre facturas.

Comprar entradas

 Comprar como axencias e guías turísticos

Descarga a guía de usuario

¿Qué debo facer?

  • A adquisición ou reserva anticipada só se pode realizar online ata o día anterior á visita sempre mediante usuario rexistrado..
  • As compras realizadas con 24 horas de antelación deben ser pagadas no momento.
  • A reserva de entradas poderá realizarse cun máximo de 90 días e un mínimo de 48 horas de antelación.
  • O pago das reservas poderá realizarse ata 48 horas antes da visita, de non facelo, este será cancelado automaticamente.
  • O número mínimo de persoas por grupo é 9. O número máximo cambia en función do recinto. En caso de que o tamaño do seu grupo exceda do máximo, deberá reservar e comprar varias visitas (cada un cun mínimo de 9 persoas).
  • Os grupos deberán contar con guía oficial propio para realizar a visita. Información de visitas guiadas de grupos

Registrar usuario

 Comprar como grupos educativos

Descarga a guía de usuario

¿Qué debo facer?

  • A reserva e adquisición de entradas poderá realizarse cun máximo de 90 días e un mínimo de 48 horas de antelación sempre mediante usuario registrado.
  • O pago da reserva poderá realizarse na web ata 48 horas antes da visita. No caso de non facelo nese prazo, o pago deberá realizarse no despacho de billetes o mesmo día da visita.
  • O número mínimo de persoas por grupo é 9. O número máximo cambia en función do recinto. En caso de que o tamaño do grupo exceda do máximo, deberá reservar e adquirir varias visitas (cada unha cun mínimo de 9 persoas)
  • Na web so se deberá seleccionar o número de estudiantes que asisten en cada grupo. Os profesores recibirán unha entrada gratuíta no despacho de billetes para o acceso, non será preciso que a compren na web.
  • s grupos deberán amosar nos despachos de billetes a carta de presentación do centro o día da visita e levar profesores, titores ou monitores, aconsellablemente con coñecemento do museo.
  • empre supeditado á disponibilidade, pode cederse gratuitamente unha guía para a visita, pero non se garante nin se pode reservar previamente.
  • Os grupos poderán realizar a súa visita de diferentes xeitos en función do recinto (guía oficial obrigatoria, equipos de guiado, etc). Información de visitas guiadas de grupos

Registrar usuario

 Comprar como grupos culturais

Descarga a guía de usuario

¿Qué debo facer?

  • A reserva e compra anticipada poderá realizarse cun máximo de 90 días e un mínimo de 48 horas de antelación sempre mediante usuario rexistrado..
  • O pago da reserva poderá realizarse na web ata 48 horas antes da visita. No caso de non facelo neste prazo, o pago deberá realizarse nos despachos de billetes o mesmo día da visita.
  • O número mínimo de persoas por grupo é 9. O número máximo cambia en función do recinto. O caso de que o tamaño do seu grupo exceda do máximo, deberá reservar e comprar varias visitas (cada unha cun mínimo de 9 persoas).
  • Os grupos poderán realizar a súa visita de diferentes xeitos en función do recinto (guía oficial obrigatorio, equipos de guiado, etc.). Información de visitas guiadas de grupos

Registrar usuario