Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación neste sitio web, en cumprimento do Real Decreto-ley 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
Acepta Máis información

Condiciones de rexistro Público en xeral

 Iniciar Rexistro

Público en xeral

Para persoas físicas o rexistro para a compra de entradas non é obrigatorio aínda que este permitiralle acceder á área privada de clientes identificándose co seu usuario e contrasinal.
Desde esta zona poderá consultar o estado das súas compras ou realizar a reimpresión de entradas en caso de perda.

Poderanse comprar entradas ata un máximo de 9 con alomenos 1 non gratuíta.

A hora asignada na reserva de entradas é orientativa para o acceso ao Museo da Colección Permanente, e é estrita na visita ao Pórtico da Gloria.

Na visita individual, non poderá vir co seu propio guía. A visita guiada do Pórtico faise exclusivamente con guías da Fundación Catedral de Santiago.

Se escolle unha visita combinada Pórtico da Gloria + Museo Colección Permanente, por favor, teña presentes os horarios de apertura e peche do Museo. A hora de visita seleccionada corresponde ao Pórtico. O Museo poderase visitar antes ou despois (duración media: 75 minutos).

A venda anticipada de entradas só se pode realizar cun máximo de 3 meses e un mínimo de 24 horas.

Na entrada ao museo debe amosar a documentación que permitise a adquisición das entradas reducidas e/ou gratuítas. No suposto de non poder facelo deberán aboar nos despachos de billetes a diferencia correspondente.

A tarifa gratuíta só se pode adquirir cunha tarifa de pago (nun grupo familiar alomenos un dos integrantes debe aboar a entrada).

Unha vez realizado o pago polo importe total das súas entradas, estas serán remitidas en formato PDF como ficheiro adxunto ao correo electrónico que teña proporcionado, para que as poida imprimir, sistema coñecido como print@home ou print-at-home. Ademais, será remitido un localizador a través do que poderá recoller as súas entradas no despacho de billetes do recinto previa acreditación e entrega do localizador. Se dispón dun smartphone, a entrada poderá ser amosada no seu dispositivo sen necesidade de imprimir a entrada.