Que inclúe a miña entrada?
Como podo mercar as miñas entradas?
O Museo Catedral de Santiago ten servizo de guías ou audioguías?
O Museo Catedral ofrece distintas modalidades de visita, algunhas delas guiadas por persoal especializado e outras de libre percorrido. Desde a web de venta de entradas pode seleccionar o tipo de visita que desexa (https://visitas.catedraldesantiago.es/).
Ademáis, existen aplicacións e servizos web que ofrecen información para completar a visita, todas elas recollidas na seguinte ligazón: https://www.museocatedraldesantiago.gal/es/apps-y-audioguias/ .
É posible solicitar a devolución dunha entrada?
O Museo Catedral de Santiago non admite cambios nin devolucións de entradas unha vez estas foron adquiridas, tal e como recolle a súa Política de Compra (https://visitas.catedraldesantiago.es/politica-de-compra/).
Está adaptado o Museo Catedral de Santiago a todo tipo de accesibilidade?
Só parcialmente, pois os espazos do Museo Catedral encóntranse repartidos por diversas estancias do complexo catedralicio (pazo arcebispal, edificio claustral, etc.) que, pola súa tipoloxía, imposibilitan a completa adaptación dos mesmos.
O Museo dispón dun único ascensor no Pazo de Xelmírez, onde se atopa o Espazo Mestre Mateo e as salas de exposicións temporais.
Tamén é posible, en ocasións, adaptar percorridos para facilitar a accesibilidade. Para consultas ó respecto, diríxase ó Centro de Atención ao Visitante mediante o correo electrónico atencionvisitante@catedraldesantiago.es ou o teléfono 981 55 29 85.
Existen visitas guiadas en inglés ou outros idiomas?
É posible subir individualmente á zona de Cubertas e Torre da Carraca?
A miña entrada inclúe o acceso á Catedral de Santiago?
A visita individual ó interior da basílica é libre e de balde, polo tanto, non precisa de billete de acceso. A porta principal para entrar á Catedral sitúase na Praza de Praterías. Para coñecer os horarios da Catedral, consultar: https://catedraldesantiago.es/gl/liturxia/
No caso dos grupos particulares acompañados dun guía, si é necesario dispoñer da entrada do Museo para acceder, na hora marcada, desde o Museo, ao interior de Catedral. Os grupos deben ser guiados sempre por guías oficiais acreditados previamente pola Catedral.