Venda de entradas

CUBERTAS E TORRE DA CARRACA

Non se permiten devolucións ou cambios. 

Consulta a nosa política de compras.

Información sobre visitas e atención no proceso de compra: 981 55 29 85 – atencionvisitante@catedraldesantiago.es – www.museocatedraldesantiago.gal

Z

Inclúe

Percorrido guiado polas cubertas pétreas da catedral e a Torre da Carraca. – Visita na que se suben 140 chanzos a través das escaleiras interiores da torre, percórrense as cubertas socalcadas da Catedral e finalízase a visita subindo á Torre da Carraca, situada aproximadamente a 72 metros de altura, desde a que se obten unha incomparable panorámica da cidade.

Duración aproximada: 60 minutos.

Inclúe tamén:

– Visita libre ao Museo Catedral – Colección permanente.

– Visita libre ao Pazo de Xelmírez e exposicións temporais.

– Visita libre ao MuSar – Museo Colexiata de Sar.

Horario

De luns a domingo, de 10:00h a 20:00h.

Peche do despacho de billetes e acceso ó Museo: 30 minutos antes.

Días de peche

    • 1 de xaneiro
    • 6 de xaneiro
    • 25 de xullo
    • 24 de decembro: Último acceso ás 14:00 horas.
    • 25 de decembro
    • 31 de decembro: Último acceso ás 14:00 horas.

Tamén pode haber peches adicionais de espazos, motivados por celebracións relixiosas e actos institucionais.

Importante

A visita á Cuberta e Torre da Carraca realizarase no horario que figura no billete.
Debe presentarse no punto de acceso con 15 minutos de antelación á mesma.¡.

A visita á Museo – Colección Permanente, Pazo de Xelmírez e MuSar poderá realizarse, nos seus respectivos horarios de apertura, no mesmo día ou nos sete posteriores á data marcada no billete.

Non é posible o acceso ás Cubertas con cadeira de rodas.

Ante calquer dúbida sobre accesibilidade, consulte con atencionvisitante@catedraldesantiago.es o 981 55 29 85.

Con carácter xeral, as visitas son guiadas en español. Pode consultar outras opcións en  atencionvisitante@catedraldesantiago.es

– Non está permitido o acceso con animais, agás no caso de cans guía.
– Non se poderá acceder con bolsas, mochilas, paraugas e bastóns de peregrino.

Punto de acceso ás Cubertas e Torre da Carraca:

Área de Recepción de visitantes do Pazo de Xelmírez (Plaza del Obradoiro).

Tarifas

Tarifa xeral: 12€
– Visitantes que non podan beneficiarse da tarifa reducida ou gratuita.

Tarifa reducida: 10€
– Membros de familia numerosa con acreditación de Libro de Familia
– Desempregados
– Estudantes
– Peregrinos acreditados
– Discapacitados
– Maiores de 65 anos
– Menores de 12 anos

Acceso gratuito: 0€
– Sacerdotes, relixiosos e relixiosas
– Socios ICOM
– Amigos da Catedral

*O dereito á tarifa reducida ou gratuita deberá acreditarse convenientemente no acceso ao Museo.

Desexa unha visita para un grupo educativo?

Para visitas dirixidas a centros educativos e institucións culturais consulte con deac@catedraldesantiago.es

Folleto do Pórtico da Gloria

Folleto do Museo

Aplicacións do Pórtico da Gloria e o Mestre Mateo

Libro guía de visita Museo: 5 €

Como chegar

Enderezo: Praza do Obradoiro, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

*Os teléfonos mostrados en Google Maps poden non corresponder cos teléfonos oficiais da Catedral de Santiago para a venda de entradas neste recinto.

Ver mapa en Google Maps (LINK A: Catedral de Santiago de Compostela – Google Maps)