Venda de entradas

Non se permiten devolucións ou cambios.

Consulta a nosa política de compras.

Museo Catedral – Pórtico da Gloria

ACCESO AO PÓRTICO DA GLORIA

Área de recepción do Museo no Pazo de Xelmírez (Obradoiro). Deberá presentarse alí 15 minutos antes da hora marcada na súa entrada.

Percorrido:

N

Visita contemplativa ao Pórtico da Gloria, sen guía e en silencio, 25 minutos.

Inclúe unha audioguía gratuíta descargable nos seus teléfonos móbiles e no despacho de billetes poderán proporcionarlle auriculares. É obrigatorio o uso de auriculares cos dispositivos móbiles (unidades desbotables gratuítas dispoñibles nas áreas de recepción do Museo, compatibles con dispositivos Android). AUDIOGUÍA DISPOÑIBLE EN ESPAÑOL, GALEGO E INGLÉS: http://catedraldesantiago.es/visitaportico/

A visita inclúe: Pórtico da Gloria + Museo Colección Permanente + MuSar + Colexiata de Santa María a Real de Sar (Museo – Colección Permanente: 60 minutos aproximadamente).

HORARIOS

    • De luns a domingo: 10:00 – 20:00
    • Peche do despacho de billetes e acceso ao museo 30 minutos antes.

Días de peche

    • 1 de xaneiro
    • 6 de xaneiro
    • 25 de xullo
    • 24 de decembro dende as 14:00
    • 25 de decembro
    • 31 de decembro dende as 14:00

Ademais, pode haber peches adicionais debido a celebración doutros actos e festividades.

Información adicional:

    • Ante calquera dúbida sobre a accesibilidade e recomendacións adicionais, debe consultar (deac@catedraldesantiago.es) antes de realizar a compra de entradas. Non é posible o acceso en cadeira de rodas ao Pórtico dende a Catedral durante a celebración da liturxia. Ver horarios
    • Non está permitido o acceso con animais, a excepción dos cans guía.
    • Non se pode acceder con bolsas, mochilas, maletas, paraugas e varas de peregrino ao interior do Pórtico da Gloria, Palacio de Xelmírez e Colección Permanente.
    • Deberá presentarse en taquillas 15 minutos antes da hora da visita marcada no billete de entrada.
    • Con calquera tipo de entrada ao Museo Catedral, está incluída de forma gratuíta a visita ao Museo de Arte Sacro e á Colexiata de Santa María a Real de Sar.

Independentemente do tempo que teñas reservado para a visita ao Pórtico da Gloria, con esta entrada poderás visitar en calquera momento, dentro do horario de apertura do mesmo día da visita ou ao longo dunha semana, o Museo-Colección permanente, o Pazo Xelmírez. e o MuSar (Museo Colexiata de Sar). (Validez do billete, 7 días desde a data sinalada no billete). O tempo de acceso ao Pórtico da Gloria sinalado no ticket de entrada é aproximado e pode variar en función das limitacións de aforo neste espazo.

Para obter máis información sobre o Museo da Catedral, os seus espazos e coleccións, visite a páxina web: www.museocatedraldesantiago.gal

PREZOS

Tarifa individual (Pórtico da Gloria)

    Por favor, teña en conta os horarios de apertura e peche do Museo. A hora de visita seleccionada corresponde ao acceso ao Pórtico da Gloria (aforo limitado a 30 persoas). O Museo-Colección Permanente poderá visitarse antes ou despois do Pórtico ao longo de todo o horario de apertura diario (duración media: 60 minutos). Se visita o Pórtico nos últimos horarios do día, a Colección Permanente deberá visitarse antes do Pórtico ou ao día seguinte.

    Tarifa Xeral: 12 €

      • Visitantes que non se poidan beneficiar da tarifa reducida ou gratuíta.

    Tarifa Reducida: 10 €

      • Membros de familias numerosas con acreditación do Libro de Familia
      • Desempregados
      • Estudantes
      • Peregrinos acreditados
      • Maiores de 65 anos
      • Menores de 12 anos (Acompañados polos seus pais ou adultos ao cargo)

    Acceso gratuito: 0 €

      • Sacerdotes, relixiosos e relixiosas
      • Socios ICOM
      • Amigos da Catedral
    •  

    Complementos de visita

      Libro guía de visita Pórtico: 5 €

      PARA INFORMACIÓN E RESERVAS DE GRUPOS EDUCATIVOS, CULTURAIS E ASOCIACIÓNS: 
      deac@catedraldesantiago.es

      Como chegar

      Enderezo: Praza do Obradoiro, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

      Os teléfonos mostrados en Google Maps poden non corresponder cos teléfonos oficiais da Catedral de Santiago para a venda de entradas neste recinto.

      Ver mapa en Google Maps (LINK A: Catedral de Santiago de Compostela – Google Maps)