
MUSEO CATEDRAL – PÓRTICO DA GLORIA (AUDIOGUÍA)
Non se permiten devolucións ou cambios.
Consulta a nosa política de compra.
Información sobre visitas e atención no proceso de compra: 981 55 29 85 – atencionvisitante@catedraldesantiago.es – www.museocatedraldesantiago.gal
Inclúe
Visita ao Pórtico da Gloria, con audioguía (dispoñible en español, galego e inglés), auriculares e folleto.
https://www.museocatedraldesantiago.gal/es/apps-y-audioguias/
Duración aproximada: 25 minutos (estancia máxima permitida no Pórtico da Gloria).
Inclúe tamén:
– Visita libre ao Museo Catedral – Colección permanente.
– Visita libre á Cripta do Pórtico da Gloria.
– Visita libre ao Pazo de Xelmírez e exposicións temporais.
– Visita libre ao MuSar – Museo Colexiata de Sar.
– Visita libre ao Museo Diocesano.
Horarios
De luns a domingo, de 10:00h a 20:00h. Peche do despacho de billetes e acceso ó Museo: 30 minutos antes.
Días de peche
-
- 1 de xaneiro
- 6 de xaneiro
- 25 de xullo
- 24 de decembro: Último acceso ás 14:00 horas
- 25 de decembro
- 31 de decembro: Último acceso ás 14:00 horas
Tamén pode haber peches adicionais de espazos, motivados por celebracións relixiosas e actos institucionais.
Importante
A visita ao Pórtico da Gloria realizarase no horario que figura no billete. Debe presentarse no punto de acceso con 15 minutos de antelación á mesma.
A visita á Colección Permanente, Pazo de Xelmírez e MuSar poderá realizarse, nos seus respectivos horarios de apertura, no mesmo día ou nos sete posteriores á data marcada no billete.
Durante as celebracións litúrxicas non é posible acceder ao Pórtico con cadeira de rodas.
Ante calquer dúbida sobre accesibilidade, consulte con atencionvisitante@catedraldesantiago.es o 981 55 29 85.
– Non está permitido o acceso con animais, agás no caso de cans guía.
– Non se poderá acceder con bolsas, mochilas, paraugas e bastóns de peregrino.
– Non está permitido facer fotografías nos espazos do museo.
Punto de acceso ao Pórtico da Gloria:
Área de recepción de visitantes da Cripta do Pórtico da Gloria (Plaza do Obradoiro).
Tarifas
Tarifa xeral: 15€
– Visitantes que non podan beneficiarse da tarifa reducida ou gratuita.
Tarifa reducida: 12€
– Membros de familia numerosa con acreditación de Libro de Familia
– Desempregados
– Estudantes
– Peregrinos acreditados
– Discapacitados
– Maiores de 65 anos
– Menores de 12 anos
Acceso gratuito: 0€
– Sacerdotes, relixiosos e relixiosas
– Socios ICOM
– Amigos da Catedral
*O dereito á tarifa reducida ou gratuita deberá acreditarse convenientemente no acceso ao Museo.
Desexa unha visita para un grupo educativo?
Para visitas dirixidas a centros educativos e institucións culturais consulte con deac@catedraldesantiago.es

Folleto da Pórtico de la Gloria

Folleto do Museo

Aplicacións do Pórtico da Gloria e o Mestre Mateo
Para saber máis:
Libro guía de visita Pórtico: 5 €
Libro guía de visita Museo: 5 €

Como chegar
Enderezo: Praza do Obradoiro, baixo as escaleiras da fachada.
*Os teléfonos mostrados en Google Maps poden non corresponder cos teléfonos oficiais da Catedral de Santiago para a venda de entradas neste recinto.