Venda de entradas

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

O titular do Sitio Web VISITAS.CATEDRALDESANTIAGO.ES é FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, así como o responsable do tratamento de datos persoais subministrados polos seus usuarios.

O tratamento dos datos persoais que se realiza a través deste sitio Web observa o establecido no Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos, na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e coas medidas de seguridade técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco do tratamento.

1. Información sobre protección de datos

Se o usuario decide solicitar información no noso Sitio Web, solicitaranse os datos estritamente necesarios para a consecución do fin ao cal está destinado o noso Sitio Web, que é o da información e promoción dos nosos servizos, todos eles dispoñibles no noso Web. En ningún caso serán utilizados para finalidades distintas daquelas para as que foron voluntariamente introducidos no Web.

Os datos persoais que o usuario nos proporcione serán tratados, tendo sido informado dos fins do tratamento e resto de información con anterioridade ao facer clic no botón “ENVIAR”.

Os que voluntariamente faciliten os seus datos ao titular do Web por calquera dos medios establecidos para o efecto en cada momento, tiveron á súa disposición de modo transparente e claro, ao ter feito clic na casilla correspondente, os seguintes aspectos:

1.1 O RESPONSABLE do tratamento é FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, enderezo en Rúa do Vilar 1, 1º, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña) e NIF: G70178603. Email: atencionvisitante@catedraldesantiago.es. Datos de contacto do delegado de protección de datos: dpd@santosasociados.com.

1.2 Os FINS do tratamento son os seguintes:

• a xestión da petición, solicitude ou consulta, e o mantemento das relacións entre o Web e os seus usuarios.

• Autorización inequívoca sobre que se poidan utiliza-los datos facilitados para remitirlle, por calquera medio de comunicación, incluídos os electrónicos, comunicacións comerciais, con información de interese, e comunicacións recordatorio, sempre que marcase a casilla correspondente ou manifestase, por calquera medio, de modo inequívoco a súa autorización.

• contratar calquera dos productos ou servicios en concreto, adquisición de entradas.

• información para o uso das cookies para as finalidades concretas e específicas informadas en todo momento na política de cookies.

1.3 A BASE XURÍDICA para o tratamento baséase na execución dun contrato de prestación de servizos, no cumprimento de obrigas legais e no seu consentimento inequívoco, en caso de se ter prestado. Informamos de que pode revogar o seu consentimento en todo momento, a través dun medio fácil e sinxelo. En caso en que se trate de persoas de contacto dunha persoa xurídica, a base xurídica do tratamento é o interese lexítimo desta entidade no mantemento das relacións coa dita persoa xurídica.

1.4 Informamos que o PRAZO DE CONSERVACIÓN dos seus datos será o da vixencia do contrato e trala súa finalización, no caso en que sexa determinado pola lei, mentres perdure a obriga de conservación e se é o caso durante o prazo de prescrición das accións correspondentes. CONSERVAREMOS os seus datos no caso en que a base xurídica sexa o consentimento mentres non revogue a súa autorización, e unha vez revogada, fixarase segundo o criterio de esgotar os prazos de prescrición de accións.

1.5 DESTINATARIOS: non se prevén destinatarios dos seus datos, salvo obriga legal.

1.6 Garantemos os seus dereitos de acceder, rectificar ou suprimir os seus datos, así como o seu dereito de limitación ou portabilidade, segundo a información restante que se ofrece nesta Política de Privacidade

2. Información sobre os usuarios

Si rexistramos os seus datos de IP (Internet Protocol) asignado ao abonado titular da liña telefónica no momento da conexión con este Web, para a finalidade de seguridade e colaboración coa Xustiza. Os datos serán conservados polo prestador de servicios o tempo marcado pola lexislación vixente.

3. Dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación, a non ser obxecto de decisións automatizadas e portabilidade

En calquera momento, o usuario ten dereito a acceder á súa información. a rectificala se os seus datos son erróneos, a se opoñeren a algún tipo de tratamento asociado ao mantemento da relación contractual ou ao interese lexítimo do responsable do tratamento, se é o caso, a revogar o consentimento outorgado, a solicitar a limitación ou supresión do seu tratamento, a non verse sometido a decisións automatizadas, e a darse de baixa dos servizos de FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Estes dereitos poden facerse efectivos nas formas e nos prazos establecidos no Regulamento xeral de protección de datos, dirixindo un escrito á dirección postal que figura no Aviso legal do Web. Pode presentar unha reclamación ante a autoridade de control.

O tratamento dos datos persoais e o envío de comunicacións por medios electrónicos, se é o caso, están axustados á normativa establecida no Regulamento xeral de protección de datos, a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servicios da sociedade da información e de comercio electrónico.

4. Información restante sobre protección de datos.

A seguinte información é información ampliada sobre protección de datos, á disposición en calquera momento:

Información sobre protección de datos. O responsable do tratamento é: FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. Datos de contacto do delegado de protección de datos: dpd@santosasociados.com. Os datos persoais van ser tratados para a finalidade de xestión da venda da entrada.

O criterio establecido para a conservación dos seus datos é o prazo de prescrición de accións.
A base xurídica do tratamento é o contrato celebrado, o cumprimento dunha obriga legal, o consentimento, se é o caso, revogable en calquera momento, e o interese lexítimo do tratamento dos datos de persoas de contacto de persoas xurídicas.
Os destinatarios dos seus datos son a administración tributaria e entidades bancarias, se é o caso.
Ten á súa disposición o exercicio dos dereitos de acceso incluído o dereito a obter copia dos datos persoais obxecto de tratamento, rectificación, oposición, supresión ou borrado se é o caso, portabilidade e limitación do tratamento, mediante un escrito perante o responsable do tratamento ao seguinte enderezo: Rúa do Vilar 1, 1º 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), T: 981569327, E-mail: rgpd@catedraldesantiago.es. Ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control.

Resumo de privacidade

O titular deste sitio web aparece no noso aviso legal.
Este sitio web (visitas.catedraldesantiago.es) utiliza cookies propias e de terceiros, que se instalan no seu dispositivo para analizar o uso do sitio web e medir o rendemento co fin de mellorar os nosos servizos e facilitar a súa experiencia de navegación.
Pode atopar máis información ou aprender a cambiar a súa configuración na nosa Política de cookies.