Venda de entradas

MUSEO CATEDRAL – VISITA COMPLETA

Non se permiten devolucións ou cambios.

Consulta a nosa política de compras.

Información sobre visitas e atención no proceso de compra: 981 55 29 85 – atencionvisitante@catedraldesantiago.es – www.museocatedraldesantiago.gal

Z

Inclúe

Percorrido guiado polas cubertas pétreas da catedral e a Torre da Carraca.
Duración aproximada: 60 minutos
Visita ao Pórtico da Gloria, con audioguía (dispoñible en español, galego e inglés), auriculares e folleto.
Duración aproximada: 25 minutos (estancia máxima permitida no Pórtico da Gloria)
Inclúe tamén:
– Visita libre ao Museo Catedral – Colección permanente.
– Visita libre á Cripta do Pórtico da Gloria.
– Visita libre ao Pazo de Xelmírez e exposicións temporais.
– Visita libre ao MuSar – Museo Colexiata de Sar.
– Visita libre ao Museo Diocesano.

Horarios

De luns a domingo, de 10:00h a 20:00h.
Peche do despacho de billetes e acceso ó Museo: 30 minutos antes.

Días de peche

    • 1 de xaneiro
    • 6 de xaneiro
    • 25 de xullo
    • 24 de decembro: Último acceso ás 14:00 horas.
    • 25 de decembro
    • 31 de decembro: Último acceso ás 14:00 horas.

Tamén pode haber peches adicionais de espazos, motivados por
celebracións relixiosas e actos institucionais.

Importante

As visitas temáticas (Cubertas – Torre da Carraca e Pórtico da Gloria) realizaranse no horario que figura no billete. Debe presentarse no punto de acceso con 15 minutos de antelación á mesma.
A visita á Colección Permanente, Pazo de Xelmírez e MuSar poderá realizarse, nos seus respectivos horarios de apertura, no mesmo día ou nos sete posteriores á data marcada no billete.
Non é posible o acceso ás Cubertas con cadeira de rodas; nin ao Pórtico durante as celebracións litúrxicas.
Ante calquer dúbida sobre accesibilidade, consulte con atencionvisitante@catedraldesantiago.es o 981 55 29 85.
Con carácter xeral, as visitas son guiadas en español. Pode consultar outras opcións en atencionvisitante@catedraldesantiago.es
– Non está permitido o acceso con animais, agás no caso de cans guía.
– Non se poderá acceder con bolsas, mochilas, paraugas e bastóns de peregrino.
– Non está permitido facer fotografías nos espazos do museo.

Punto de acceso aos isitantes:

Área de Recepción de visitantes do Pazo de Xelmírez (Plaza del Obradoiro).

Cubertas e Pórtico: Área de recepción de visitantes do Pazo de Xelmírez.
Pórtico da Gloria: Área de recepción de visitantes da Cripta do Pórtico da Gloria.

Tarifas

Tarifa xeral: 23€
– Visitantes que non podan beneficiarse da tarifa reducida ou gratuita.
Tarifa reducida: 19€
– Membros de familia numerosa con acreditación de Libro de Familia
– Desempregados
– Estudantes
– Peregrinos acreditados
– Discapacitados
– Maiores de 65 anos
– Menores de 12 anos
Acceso gratuito: 0€
– Sacerdotes, relixiosos e relixiosas
– Socios ICOM
– Amigos da Catedral
*O dereito á tarifa reducida ou gratuita deberá acreditarse convenientemente no acceso ao Museo.

Desexa unha visita para un grupo educativo?

Para visitas dirixidas a centros educativos e institucións culturais consulte con deac@catedraldesantiago.es

Folleto do Pórtico da Gloria

Folleto do Museo

Aplicacións do Pórtico da Gloria e o Mestre Mateo

Libro guía de visita Pórtico: 5 €

Libro guía de visita Museo: 5 €

Como chegar

Enderezo: Praza do Obradoiro, baixo as escaleiras da fachada.
*Os teléfonos mostrados en Google Maps poden non corresponder cos teléfonos oficiais da Catedral de Santiago para a venda de entradas neste recinto.

Resumo de privacidade

O titular deste sitio web aparece no noso aviso legal.
Este sitio web (visitas.catedraldesantiago.es) utiliza cookies propias e de terceiros, que se instalan no seu dispositivo para analizar o uso do sitio web e medir o rendemento co fin de mellorar os nosos servizos e facilitar a súa experiencia de navegación.
Pode atopar máis información ou aprender a cambiar a súa configuración na nosa Política de cookies.