Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación neste sitio web, en cumprimento do Real Decreto-ley 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
Acepta Máis información

Cómo realizar cambios, anulaciones o devoluciones

Sentímolo, pero non é posible efectuar cambios de data, horas ou devolucións de cartos unha vez efectuado o pagamento. Se puido completar o proceso de pagamento, significa que aceptou as nosas condicións de servizo que así o especifican.

Modificar ou eliminar unha reserva de grupo non pagada.

Se se trata dun grupo turístico, grupo educativo ou grupo cultural si poderá modificar unha reserva non aboada, modificando o número de membros do grupo ou o alugueiro de dispositivos de guiado (micrófono emisor + auriculares receptores). Recordamos de novo que non poderá cambiar a visita de data nin de hora, e que se isto é o que quere, terá que relizar unha nova reserva á hora desexada e despois anular a reserva orixinal. O horario non é estrito nos museos que dispón de visita libre, con todo, se o grupo non se presenta á hora reservada, o acceso pode demorarse. Nos museos que só dispoñen de visita guiada a hora é estrita.

Este procedemento é aplicable a todos os tipos de grupos.

Pasos a seguir

  1. Acceda á área privada de usuario iniciando sesión co seu usuario e contrasinal.
  2. Dende o menú superior acceda á zona “As miñas reservas”.
  3. Amosaranse as súas reservas: prema na ligazón “Modificar reserva” asociado á reserva que desexa modificar.
  4. Amosarase unha pantalla que lle permitirá realizar os cambios que precise sobre a súa reserva.
  5. Se desexa modificar a reserva prema no botón “Modificar reserva” para confirmar os seus cambios.
  6. Se desexa eliminar a reserva prema no botón “Eliminar reserva” e confirme a súa eliminación.

Iniciar sesión